Segue este concurso que se iniciou en xaneiro, no que os ganadores foron o equipo Africa Copias e Pedro do Muro Restaurante. Neste mes de Febreiro os contadores puxéronse a cero e os clientes volveron a votar os que para eles son os seus empregados favoritos, tanto de comercio como de hostalaría.
Na categoría de comercio a gañadora do mes de Febreiro foi Ana de Ferretería Luis e na categoría de hostalaría a gañadora foi Amelia da Tortilla Maravilla.
Emitíronse un total de 1003 votos que en total sumaban 4.851 puntos repartidos entre tódolos participantes, resultado que reflexa o gran interese que suscitou esta iniciativa.
A participación neste segundo mes foi de novo moi elevada, e as descargas da App incrementáronse notablemente dende que se puxo en marcha este concurso, polo que a valoración non pode ser mais positiva.
A partir de hoxe mesmo póñense os contadores a cero e a xente xa pode votar de novo para escoller ós empregados/as favoritos do mes de Marzo.
Lembramos que o obxetivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a tódolos empregados, polo bo facer e pola atención ó público. Sabendo que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso prémiase tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver tódalas fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro hostalaría. Os clientes poden realizar votacións tanto para comercio como para hostalaría, pero nunca votar 2 veces á mesma persoa.
O último día do mes procederase de novo ó reconto de votacións onde sairán elixidos os empregados gañadores do mes de Marzo, e así ata o mes de abril que dura esta iniciativa.
Unha campaña distinta que busca o recoñecemento e a motivación dos empregados, e que segue a xerar moita expectación entre os clientes.