Ribadeo, 28 de marzo de 2024. Acisa e o Ribadeo FC únense para poñer en marcha unha nova campaña na que sortearán 800 euros en vales de compra.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda dende hoxe. E importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo de cada rifa é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 3.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o numero de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse desde hoxe e ata o 19 de maio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indica que “as rifas que se poñen á venda estarán formadas por dúas partes, que deben conservarse ata os días dos sorteos. Unha parte estará sinalada como parte a depositar e outra como parte a conservar e introducir na urna. Durante o partido do Ribadeo FC contra o Lalín, na ultima xornada de liga, no estadio municipal Pepe Barrera as persoas que teñan rifas para o sorteo, poderán depositalas nunha urna instalada alí mesmo. E deberán gardar a parte a conservar para poder participar do sorteo e comprobar se foron agraciados. Do mesmo xeito deberán conservar esa outra metade para comprobar se foron agraciados cos premios non presenciais”.
Cruzado Iglesias manifesta que “a cantidade total de premios que se sortea é de 800 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo, 500 euros aportados directamente por Acisa e 300 polo Ribadeo FC, repartidos da seguinte forma: un premio presencial de 300 euros en vales de compra, que se sorteará no Pepe Barrera a última xornada de liga. E cinco premios non presenciais que se sortearán o 20 de maio. Trátase dun premio de 200 euros en vales de compra de Acisa, un premio de 150 euros en vales de compra de Acisa e 3 premios de 50 euros cada un en vales de compra de Acisa. Este sorteo celebrarase a porta pechada nas nosas oficinas mediante un sistema de xeración de números aleatorios”.
Pérez Prada subliña que “os premios poderán ser reclamados ata o 26 de maio. De non ser reclamado algún deles volveranse a sortear o 27 de maio cun prazo para ser reclamado ata o 2 de xuño. De non aparecer algún dos números agraciados nalgún dos premios considerarase definitivamente deserto ese número. Tras os sorteos, o Ribadeo FC e Acisa daremos a debida información en redes sociais, na web de Acisa e nos medios de comunicación. O sorteo realizarase entre os números finalmente producidos o ultimo dia da campaña”.
E engade: “agardamos que esta campaña sexa positiva para o Ribadeo FC, que é o beneficiario da mesma. Levamos varios anos colaborando co club de fútbol local, así como con outras entidades deportivas ribadenses e con eventos que traen á nosa vila a milleiros de persoas e nesta liña quere seguir a directiva de Acisa para conseguir a plena dinamización do comercio e da hostalería local ao longo de todo o ano”.
Na presentación desta campaña participaron Koki por parte do Ribadeo FC e por Acisa a súa presidenta e o seu xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.