O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello e a Xunta de Galicia, sempre nesa colaboración permanente, tomamos a decisión de abrir a praia das Catedrais, evidentemente baixo os parámetros da seguridade, velando pola seguridade das persoas, ás que tamén pedimos colaboración”.
Para Vega “é importante que cando se acude á praia das Catedrais se faga caso das indicacións dos vixiantes e do cumprimento da normativa. Si o facemos así todo é máis fácil”.
O rexedor subliñou que “a praia das Catedrais cumpre hoxe os parámetros de seguridade, a climatoloxía o permite e o que pedimos é prudencia e responsabilidade. Desde as doce do mediodía a praia quedou aberta e así poderemos xa contemplala e visitala”.