O obxectivo destas intervencións é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Landro, Loureiro e nun río innominado ao seu paso polo concello de Viveiro.
Estas intervencións estanse a desenvolver nos percorridos destes nove ríos, ao seu paso por distintas parroquias deste municipio da Mariña lucense.
As actuacións desenvólvense en treitos que suman unha lonxitude total que rolda os 6,3 quilómetros.
As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos.
Unha vez finalizadas estas actuacións, estes tres ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.
Os traballos contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.