Efrén Castro informou da aprobación das bases, que se publicarán a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina 600.000 euros a esta liña de axudas. destinadas a financiar a actividade competitiva e a organización de eventos.
Efrén Castro destacou que “se trata da principal liña de investimento da área de Deportes e da convocatoria de concorrencia competitiva con maior dotación orzamentaria das que se realizan desde a Deputacíon de Lugo, unha mostra do compromiso desta institución coa promocion do deporte”
O vicepresidente destacou tamén “que se trata duns recursos fundamentais para o mantemento do tecido deportivo, especialmente dos clubs de base e amateur que facilitan o acceso ao deporte e promoven a actividade física en todo o territorio” e lembrou que “na pasada anualidade, as axudas chegaron a 330 clubs de todas as comarcas”.
A convocatoria de subvencións publicarase no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana, abríndose daquela o prazo de solicitude para as entidades interesadas.