Tras contar na pasada anualidade con 29 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo e museos, amplíase este ano sumando 16 novos servizos destas mesmas categorías máis do sector da artesanía e do turismo activo.
Trátase dun proxecto abordado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, “o PTS na Mariña Lucense persigue potenciar o turismo en todas as vertentes da sostibilidade: económicas, socioculturais e medio ambientais, e así garantir o desenvolvemento dun modelo sostible e rendible para un destino con visión a longo prazo. O SICTED é unha ferramenta axeitada para colaborar na consecución deste obxectivo, pois axuda a axentes e empresas a introducir ferramentas de xestión para a mellora da calidade e favorecer a coordinación e o traballo en equipo a fin de alcanzar unha conciencia global do destino e un espazo de encontro e colaboración público-privado”, explicou a presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López.
A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, contou que “esta mañá comezamos co primeiro seminario de formación para os 16 novos servizos adheridos, estamos moi satisfeitas e agradecidas pola acollida e interese dos distintos profesionais que tanto a pasada anualidade como este ano apostaron por este proxecto para a mellora continua da calidade da man da Mancomunidade. Durante abril, maio e setembro continuaremos a traballar cos 45 servizos totais adheridos na Mariña través dos distintos seminarios, encontros colectivos e visitas individualizadas que require a ampliación e seguimento do SICTED”.
Desde a Mancomunidade subliñaron que “co obxectivo de valorar esa implicación e participación na procura dun destino turístico máis integrado e sostible e recoñecer o traballo en beneficio da calidade que realizan os servizos distinguidos polo SICTED vimos recentemente de crear un novo apartado na web de Turismo da Mariña – Calidad Turística – onde se visibilizan os 29 servizos distinguidos e agardamos que este ano podan ser 16 máis”.