Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo en Ribadeo a un veciño de Murcia, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito de apropiación indebida

Os feitos tiveron lugar nunha lavandería situada en de Ribadeo, onde unha usuaria deste establecemento esqueceu un bolso de man da súa propiedade que contiña diñeiro en efectivo e documentación diversa. Iniciouse unha investigación para tratar de localizar o bolso extraviado, sendo este entregado en dependencias oficiais por parte da persoa investigada, o cal simulou un achado ocasional, pero xa sen o diñeiro no interior do bolso de man. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Exit mobile version