O pasado domingo o presunto autor foi sorprendido cando se atopaba “negociando” a venda dunha bicicleta, subtraída meses atrás, nunha céntrica rúa da localidade de Burela. Por mor da investigación efectuada, púidose deter ao presunto autor e recuperar as tres bicicletas subtraídas ao longo do pasado ano, xunto con 60 euros, que sería o prezo pagado pola venda dunha delas. Dúas das bicicletas foron recoñecidas polos seus lexítimos propietarios e foron postas á súa disposición. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda dous de Viveiro.