Foz, 1 de marzo, 2024. Os vehículos atopábanse estacionados en diferentes rúas da localidade focense e os presuntos autores ocasionaron danos nos pneumáticos dos turismos, a oito picáronlles os catro e ao resto un par deles, quedando os turismos inmobilizados ata a chegada do servizo de asistencia.
No desenvolvemento da operación os investigadores atoparon nexos de unión en todos os delitos, o que lles levo a sospeitar que eran obra dun mesmo grupo de persoas que os cometerían como represalia ante supostas accións anteriores por parte das súas vítimas que irían en contra dos seus intereses.
Un dos detidos exercía como líder e seria a persoa que designaba contra quen, e como se debía actuar, ademais de chegar a participar directamente o mesmo na concreta execución dalgún dos ilícitos penais.
No marco do operativo policial investígase a relación dun dos detidos coa posible comisión dun delito contra a administración de xustiza, tras denunciar o roubo no interior dun local de hostalería situado na localidade focense, que se sospeita sería en realidade simulado, todo iso para recibir unha indemnización da aseguradora do establecemento.
A investigación segue aberta, non descartando máis detencións relacionadas con estes feitos delituosos.
As dilixencias policiais e os detidos foron remitidos ao Xulgado de Instrución nº 1 de Viveiro.