Site icon Crónica3.com A Mariña

A gala benéfica “Alfoz Solidario” celebrarase o 13 de abril

Alfoz, 2 de marzo de 2024. O sábado 13 de abril, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova edición da gala benéfica “Alfoz Solidario”, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido, un ano mais, por un grupo de persoas de Alfoz interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, a quen lle serán entregados os beneficios obtidos.

Ademais de poder participar na propia gala, que “desta volta se celebrará a mediodía con comida e baile”, segundo indican desde a organización, tamén se pode colaborar mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Por outro lado, as empresas e locais comerciais que o desexen, tamén poderán colaborar aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala.

Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización. Os tíckets poñeranse á venta a mediados deste mes de marzo.

Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.

Exit mobile version