A Fundación Alimerka presentou en Ribadeo a súa memoria de actividades. Máis de 18.000 persoas e 217 entidades sociais de Asturias se beneficiaron no 2023 dos seus programas.
O director da Fundación Alimerka, Antonio Blanco, lembrou que “esta fundación trabaja para apoyar y dar visibilidad a los colectivos vulnerables y desarrolla programas que favorezcan la inserción de aquellas personas en situación de vulnerabilidad social, atendiendo de modo especial cuestiones como salud y alimentación, que contribuyan a la mejora de su calidad de vida”.
O alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, amosou a satisfacción do equipo de goberno “polo traballo que se está a facer por parte da Concellería de Benestar Social e dos traballadores sociais, que son unha parte fundamental do Concello de Ribadeo. A Fundación Alimerka contribúe a que se faga este traballo de xeito coordinado e eficaz”. E subliñou que “as empresas, as superficies comerciais, as entidades e as administración deben estar sempre preocupadas por protexer o valor da persoa”.
Ao acto de presentación da memoria da Fundación Alimerka asistiron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, o traballador social municipal, José Luis Gegunde, e o presidente da devandita fundación, Antonio Blanco.