Site icon Crónica3.com A Mariña

A directora do IES de Foz, Leticia Maseda e a xefade departamento de hostelería, Ana Alonso, atópanse estos días coñecendo o sistema educativo e a formación profesional dual de Alemaña

Durante esta semana en Berlín, visitan escolas de hostelería e asisten a formación con profesores de FP doutros países europeos, intercambiando información sobre os seus programas educativos e poñendo en común problemas e solucións da FP do futuro. Esta acción está encadrada dentro do programa Erasmus+, xa que o IES de Foz conta cun proxecto de mobilidades para alumnado e profesorado de ciclos formativos a través do cal se poden facer cursos noutro país europeo.

Exit mobile version