Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación súmase en Lugo ao minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista de Ribeira

A Deputación de Lugo expresou a súa enérxica repulsa polo crime machista dunha muller a mans da súa ex parella onte na localidade coruñesa de Ribeira. O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, gardou un minuto de silencio nunha concentración que tivo lugar este mércores pola mañá diante da Subdelegación do Goberno en Lugo na que participou a Subdelegada, Isabel Rodríguez, e a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto a outras autoridades e veciños e veciñas.

Exit mobile version