Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concordia de Ribadeo lamenta a perda do que foi o seu Presidente ata o 2021, José Fernández da Costa (Pepe da Costa)

Ribadeo, 15 de marzo, 2024. A Asociación A Concordia lamenta profundamente a perda do que foi o seu Presidente ata o 2021: José Fernández da Costa (Pepe da Costa), falecido o pasado domingo 10 de marzo.

Foi en 2005 cando Pepe da Costa tomou a testemuña a Tocho (Antonio López de Prado), como Presidente da Asociación. Ambos traballaron conxuntamente para volver poñela en macha, actualizándoa e dando cabida a mulleres dentro da súa Directiva. Así mesmo colaboraron man a man na cesión dos fondos para a construción e apertura do Centro de Día A Concordia.

Durante o seu mandato ao timón da Asociación a actividade continuou con conferencias, exposicións, excursións, comidas de convivencia. Tamén se xestionou a homenaxe a Suso Peña, onde, ademais doutros actos, inaugurouse unha rúa co seu nome.

En 2023 fíxoselle unha merecida homenaxe cun afán de gratitude por todo o seu labor a través dos anos á fronte da A Concordia. Por ese motivo, ademais, nomeóuselle Presidente de Honra.

A Asociación A Concordia transmite o máis sentido pésame á familia e amigos.

Exit mobile version