Viveiro, 13 de marzo, 2024. Nesta ocasión apóstase por seguir premiando a fidelidade dos clientes con algo especial para celebrar nesta data, co sorteo dunha viaxe para que poida desfrutar papá con toda a familia.
O gañador poderá escoller as datas e o destino entre milleiros de posibilidades (Cabárceno, Parque Warner, etc) para pasalo en grande.
O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 13 ó 19 de Marzo de 2024 (ambos incluídos).
Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 20 de marzo de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP.
Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén se avisará directamente ó gañador para que poida recoller o premio.
Con esta iniciativa téntase dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.