As persoas que realizaron as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 14 de febreiro entraron no sorteo de 10 vales de compra de 100 euros cada un. As afortunadas e afortunados son:
-Toñita Borrajo por unha compra realizada en Lencería Esther
-Alba Goás en Dermoterapia
-Amelia Acebo en Kukadas
-Mercedes Fernández en Clínica Maas Saúde
-Álvaro Seivane en Mapfre
-Carmen Moreda en Salai Campo
-Antonio Navallo en Chinela Nenos
-María Esmorís en Longarela Moda
-Lucía Mera en Pastelería Anduriña
-Yolanda Camino en Unique-2
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por David Val. No mesmo participaron a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
Desde a asociación focense agradecen “a fidelidade depositada unha vez máis no comercio local para as compras de San Valentín e a elección da hostalería focense para celebrar esta data”.
Os premios serán entregados o vindeiro venres, 23 de febreiro, ás 20:30 horas no Cenima.