Site icon Crónica3.com A Mariña

X Edición do “Certame de amor na rede” de Cervo

Cervo, 6 de febreiro, 2024. O Tema xenérico é o amor, en calquera das súas versións.

Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo.

Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal.

O prazo de presentación dos traballos remata o 12 de febreiro, a través do correo prensa@concellodecervo.com ou o wahtsapp 683 315 939.

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola X edición.

Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o luns 12 de febreiro. Poderán enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou a través do Whatsapp 683 31 59 39.

Os orixinais serán publicados o mércores 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” ata as 22:00 horas dese día serán os/as gañadores/as na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Os/as gañadores/as publicaranse o venres 16 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.

Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

Exit mobile version