“Esta cea é un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 23 de febreiro de 2024. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 9 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.
Esta iniciativa supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.
“Esta cea é un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. A cita será o sábado 9 de marzo no Restaurante Louzao (Area-Viveiro)
A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos. O custo será de 50 euros e as mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao de Area ata o xoves 7 de marzo.
Para calquera información dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982 55 04 21 – 982 56 21 49) ou ao restaurante “Louzao” (982 55 06 42 – 982 55 10 42).