Lugo, 9 Febreiro, 2024. Os bombeiros de Lugo tiveron que excarcerar a tres persoas, unha delas xa falecida, tras sufrir unha saída de vía á altura de O Ceao, en Lugo.
Os feitos sucederon na Avenida Benigno Rivera pouco despois das 14:00 horas, despois de que un turismo se saíse da vía e colidira contra un farol. Varios particulares informaron do incidente, sospeitando que os ocupantes do vehículo puideren estar atrapados. Tras isto, os Bombeiros de Lugo desprazáronse ata o lugar do suceso, onde procederon á excarceración dos tres pasaxeiros, un deles xa falecido.
Ademais, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, que xa tiña constancia dos feitos, aos voluntarios de Protección Civil de Lugo e a servizos de mantemento da vía.