Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha muller cae por un cantil en Foz

Foz, 16 Febreiro, 2024. A ferida foi rescatada polos Bombeiros de Barreiros e trasladada ao Hospital Burela.

Estivo consciente en todo momento, aínda que parece ter unha lesión importante nunha perna.

Segundo relatou unha persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar, a muller caeu este xoves sobre unhas rochas nun cantil situado na parroquia de Nois, en Foz. Indicou que posiblemente tiña unha rotura de perna, e necesitaba rescate porque estaba como a trinta metros.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, así como dos membros do GES de Cervo e dos voluntarios de Protección Civil.

Finalmente, a ferida foi rescatada polos efectivos do parque comarcal e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse do seu traslado ao Hospital de Burela.

Este operativo, posto en marcha ás 16:30 horas, completouse cos axentes da Garda Civil.

Exit mobile version