Sarria, 24 de febreiro, 2024. O home trataba de acender a caldeira cando lle prendeu o lume na roupa provocándolle diversas queimaduras.
Os Bombeiros de Sarria, desprazados ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia, tras extinguir o lume, indicaron que arderan bolsas e diversos materiais que había ao redor da caldeira, situada no garaxe da vivenda, no lugar de Vilar de Sarria, en San Xulián da Veiga.
Unha persoa particular contactaba co 112 sobre as 19:20 horas para solicitar asistencia para un home que se queimara, sen coñecer as causas.
Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Sarria. Do mesmo xeito, foron informados a Policía Local, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Tras apagar o lume, os Bombeiros confirmaron o traslado do home e procederon coas tarefas de arrefriamento.