Site icon Crónica3.com A Mariña

Tomé chama na Fonsagrada á mobilización do voto o 18-F para lograr o “cambio seguro” na Xunta con Besteiro

“Os lucenses e os galegos queremos cambio, e a clave do cambio está na mobilización”, subliñou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia durante o encontro que celebraron os socialistas este sábado con motivo da Feira do Butelo

A Fonsagrada, 3 de febreiro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, chamou este sábado na Fonsagrada á mobilización do voto de cara á cita coas urnas o 18-F, “como fixemos nas eleccións municipais e nas xerais”, para lograr o “cambio seguro e tranquilo” na Xunta de Galicia liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

“Os lucenses e os galegos queremos cambio, e a clave do cambio está na mobilización”, incidiu José Tomé, quen destacou o gran peso que neste sentido terá a provincia de Lugo.

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte participou no encontro que celebraron hoxe os socialistas na vila fonsagradina con motivo da XXVII Feira do Butelo, xunto ao Alcalde e Deputado provincial de Medio Ambiente, Carlos López, as candidatas socialistas pola provincia ás autonómicas Mayra García Bermúdez e Teresa Fernández Pérez, deputados e deputadas provinciais, así como alcaldes da comarca da Montaña, e numerosos afiliados e simpatizantes do partido.

José Tomé subliñou que a Xunta de Galicia liderada por Besteiro superará “os 15 anos de parón, de incompetencia e de castigo do PP aos concellos, sobre todo aos que non son da súa cor política, que nos fixeron estar peor en todo, en sanidade, en educación, en emprego ou en industria”, para “tomar impulso, avanzar e coller o tren do futuro no que xa está o resto de España grazas a Pedro Sánchez”.

Exit mobile version