Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorteados os premios da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo

Ribadeo, 14 de febreiro de 2024. Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre 5.100 destinos.

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.

Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

E conclúe: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 23 de febreiro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”.

A directiva de Acisa agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus regalos de San Valentín no comercio asociado, e animamos a que no dia de hoxe e nesta semana, poidan celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea romántica, coas mellores propostas gastronómicas que atoparán en Ribadeo”.

Exit mobile version