Na primeira “Tarde Laranxa” desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal
Ao comezo do encontro do equipo masculino realizouse un acto previo en colaboración coa Asociación Contra o Cancro, delegación de Lugo, no que se tomou unha fotografía cunha pancarta reivindicativa buscando concienciar a todos os participantes do evento no pavillón e a través do streaming ofrecido polo propio club de fútbol sala, da súa colaboración nesta causa vital. Doutra banda, ao comezo do encontro do equipo feminino realizouse tamén un acto previo no que se ofreceu á afección a Supercopa recentemente chegada a Burela de Torremolinos este pasado luns tras proclamarse o conxunto laranxa Supercampioas desta edición 2024, sendo a sexta copa conseguida, quinta consecutiva.
No partido das 17.00h os nosos Pícaros mostran a súa mellor versión en Vista Alegre, con goleada 8-1 a un Melistar que non conseguiu levantar a cabeza en todo o partido. No minuto 4 comeza o festival de goles cun de Ismael tras un pase de Flethes ao segundo pau. Pouco despois, no minuto 7 un dereitazo de Isma escórreselle entre as pernas a Gonzalo Puebla poñéndose o equipo burelense con dous goles de vantaxe xa ao comezo do partido. No 10 Salvi consegue un sopro de esperanza, só ante Michal dende a banda esquerda, pero un minuto despois, de novo Ismael consegue o 3-1, tras un saque longo de Michal, un cabezazo do xogador cordobés ao pau e consegue metela no rexeite. Dous minutos antes do descanso Charly métea dende o segundo pau tras un pase de Alberto.
Na segunda parte o conxunto mariñán continúa dominando sen dificultade durante os 20 minutos, comezando á defensiva ante a presión con porteiro-xogador do conxunto de Jordi Gai, con Spellanzon coa elástica amarela. Xa no minuto 22 Alberto consegue o 5-1 cun disparo longo a portería baleira e no mesmo minuto chega tamén e 6-1, un gol de Malaguti tras unha transición e pase de Alberto ao segundo pau. Os pupilos de David Rial resisten a presión do 5 para 4 durante practicamente toda o segundo tempo, non conseguindo o conxunto melillense bater á mellor defensa da Segunda División. No minuto 36 Isma anota o 7-1 a portería baleira e no 37 Flethes sentencia o 8-1 nun contragolpe levado por Malaguti. A dous minutos do asubío final do partido sae Mika a portería mantendo a presión ata o último minuto.
Ás 20.00 comeza o Pescados Rubén Burela FS – Nueces de Ronda Atlético Torcal, un partido no que as nosas Supercampioas, a pesar do cansazo e as baixas, dominaron o encontro de principio a fin. Continúan os goles en Vista Alegre no minuto 1 de xogo deste segundo encontro da Tarde Laranxa, cun gol de Patricia tras un elegante regate e pase de Emilly. No minuto 2 Cilene enchúfaa na portería contraria cun lanzamento de campo a campo e no 4, de novo Patricia, marca o 3-0 tras un contragolpe e pase de Antía Pérez. A pesar do resultado abafador xa no minuto 4, o Torcal nunca se rende e chega o gol de Ale nun tiro de falta. Imos ao descanso con marcador 3-1.
Na segunda parte chega o 4-1 no minuto 28, cun gol de Irene Samper, tras un pase en profundidade a Rafinha que lla pasa á autora do tanto conseguindo o desenlace perfecto. Presiona o Torcal con xogo de 5 durante moitos minutos de xogo, pero chega o 5-1 cun lanzamento a porta baleira de Caridad. Un loitador Torcal continúa buscando o gol, e atópao no minuto 38 cun remate de Afri desde dentro da área. Remata o encontro cun resultado final 5-3.
Este próximo mércores as nosas Guerreiras disputarán a semifinal da Copa Galicia, ante o xa habitual Poio Pescamar FS, ás 20.30h, no Pavillón Municipal de Ribadeo, partido que se tivo que desprazar ao pobo veciño debido ás obras que se realizarán esta semana na nosa “bomboneira”. A entrada será gratuíta.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – C.D. Melistar FS
Pescados Rubén Burela FS (8): M.Kaluza; Lucho, Isma, Á. García, Malaguti -quinteto inicial-, Quelle, Alberto, Flethes, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.
C.D. Melistar FS (1): Gonzalo Puebla; Spellanzon, Pablo González, Claudio, Saúl -quinteto inicial-, M. Osawa, Jav Sánchez, Guille Barreño, Salvi, I. Fernández, Nico Rolón, Borja Cano (P). Entrenador: Jordi Gay
Goles: 1-0, min.4: Ismael. 2-0, min.7: Isma. 2-1, min.10: Salvi. 3-1, min.11: Ismael. 4-1, min.18: Charly. 5-1, min.22: Alberto. 6-1, min.22: Malaguti. 7-1, min.36: Isma. 8-1, min.37: Flethes.
Árbitros: Mauricio Bravo Sarango, Eduardo Otamendi Lascarro, Pablo Enrique Guntín Garrido, Patricia Doval Rodríguez.
TA: Tulio García, David Rial, Javi Sánchez, Gonzalo Puebla, M. Osawa, Spellanzon.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Nueces de Ronda Atlético Torcal
Pescados Rubén Burela FS (5): Caridad; Cilene, Irene Samper, Rafinha, Patricia -quinteto inicial-, Irene, Dany, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Emilly, Ana Eliza. Entrenador: Julio Delgado.
Nueces de Ronda Atlético Torcal (2): Valeria; Cristi, Afri, Eva, Ceci -quinteto inicial-, Ale, Tais, Kichi, Nuria, Raquel, Julia, Tamaris. Entrenador: Víctor Quintero.
Goles: 1-0, min.1: Patricia. 2-0, min.2: Cilene. 3-0, min.4: Patricia. 3-1, min.11: Ale. 4-1, min.28: Irene Samper. 5-1, min.34: Caridad. 5-2, min.38: Afri.
Árbitros: Rubén Ferrero Carballal, Javier Menéndez Nistal, Pablo Coello Martínez, Clara Díez Gil.
TA: Irene Samper, Víctor Quintero, Afri, Eva.