Site icon Crónica3.com A Mariña

San Tirso de Abres inaugura este venres a iluminación solar do paseo fluvial

Gesnia Enerxía, empresa de enerxías renovables e sostibles, foi a encargada da súa instalación

San Tirso de Abres, 22 de febreiro, 2024. Este venres 23 de febreiro ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da iluminación solar do Paseo Fluvial do Eo en San Tirso de Abres. Con esta nova iluminación solar búscase rehabilitar e mellorar a contorna do río Eo. A instalación está financiada polo PRTR dentro do marco de Next-Generation, cun importe de adxudicación de 12724,96€.

A empresa encargada da realización da obra e do proxecto é Gesnia Enerxía SL, empresa de enerxías renovables e sostibles, líder nacional en iluminación solar e que asegura que “su departamento de ingeniería y diseño está trabajando para desarrollar los mejores equipos en iluminación solar, dado el alto éxito que estamos teniendo en los últimos tiempos”.

Esta empresa está centrada profundamente en reducir emisións, camiñando cara a un futuro sostible, algo no que tamén se comprometen desde o concello de San Tirso de Abres.

Exit mobile version