O rexedor declarou: “desde o Concello de Ribadeo estamos a pedir prudencia. Imos pechar os parques infantís e os espazos públicos e queda suspendida toda actividade que puidera haber ao aire libre. Pido prudencia. É conveniente quedar na casa e estaremos informando permanentemente. Hai que ser responsables, non saír á rúa e quedar na casa ata que o temporal pase”.