Daniel García parabenizou ao club ribadense “que co traballo diario e os resultados deportivos, pero tamén coa organización de eventos deste nivel, segue reforzando o sue papel referencial no remo galego” e ratificou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao deporte de base, como actividade competitiva e como contribución a un ocio activo e saudable para a mocidade.
Na entrega de premios participaron a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez, o presidente do Club de Remo de Ribadeo, Jesús Carreira, o alcalde ribadense, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o edil do BNG, Pablo Vizoso.
Pola súa banda, o alcalde, Dani Vega, tivo palabras de felicitación para todas as vencedoras e vencedores, en especial para o Club de Remo de Ribadeo, que subiu varias veces ao podio.