Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle unha xornada de emprendemento xove

Ribadeo, 8 de febreiro de 2024. No Cine Teatro celébrase esta mañá unha xornada de emprendemento xove, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo en colaboración co Concello de Ribadeo e Cesuga.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos poñendo en valor o emprendemento mozo. É clave e fundamental que as administracións traballen conxuntamente tamén para ver a saída laboral que ten moita mocidade no noso concello. Emprender tamén é unha saída laboral moi importante”.

Para o rexedor “son importantes estes espazos nos que explican perfectamente cales son as posibilidades, as saídas laborais, o de emprender un proxecto empresarial aquí en Ribadeo, na Mariña, qué significa ter unha tenda, qué significa ter un proxecto clave que dinamice a economía de Ribadeo…”.

Vega tivo palabras de agradecemento para a Xunta: “agradecémoslle á Xunta de Galicia que se achegue aos municipios, neste caso a Ribadeo, que o escolla como cabeceira punteira económica tamén e explicar qué saída laboral ten a mocidade, pode ser a través da Formación Profesional, dos estudios superiores universitarios, en definitiva trazar unha liña clave para ver as distintas saídas laborais que teñen os nosos mozos”.

O alcalde subliñou que “este non será o único acto de emprendemento mozo, que haberá en Ribadeo, senón que vai ser o primeiro de moitos. Grazas e seguiremos colaborando entre todos”.

Exit mobile version