A rexedora, Dolores García Caramés, achegouse ata a instalación municipal para entregarlle ao alumnado os merecidos diplomas despois destes meses de aprendizaxe.
En total, rematan ciclo, un total de 75 crianzas, nos diferentes niveis, desde estreliña ata golfiño.
Agora xa arrincan a próxima semana, os novos cursos, cun total de 67 nenos e nenas que aprenderán e se divertirán na auga.
Este mes de febreiro, ademais engádese un novo curso de iniciación para adultos, que se imparte os luns e mércores, ás 19:00 horas.
Toda a información na piscina municipal: 982 59 45 12