Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide a eliminación dos riscos de seguridade viaria nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello, e a reposición das proteccións deterioradas das arbores da Avenida de Cervantes

Viveiro, 2 de febreiro, 2024. Por Viveiro chama a atención sobre o estado actual das proteccións dar arbores da Avenida de Cervantes.

“Algunhas das proteccións de caucho das arbores da Avenida de Cervantes están moi deterioradas, como se pode ver nas imaxes que se xuntan. Este feito e preocupante, dado que que aínda non se cumpre un ano dende a súa instalación, e nos fai dubidar de se a elección do material empregado foi axeitada”.

“Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a reposición das proteccións deterioradas, valorando a utilización de proteccións metálicas, das arbores da Avenida de Cervantes”.

Sobre a seguridade viaria na rúa Alonso Pérez e no Camiño Vello

“Dúas arbores do Camiño Vello (marxe esquerda dirección Xunqueira) presentan unha acusada inclinación con perigo de caída, o que pode ocasionar riscos para a seguridade de peóns e automobilistas. A este feito hai que engadir a abundante maleza na outra marxe da rúa”.

“Tamén lembramos que no pleno do 6 de outubro de 2021 foi aprobada por unanimidade unha moción de Por Viveiro, na que se solicitaba: 1. Catalogación e sinalización como de preferencia peonil dos tramos carentes de beirarrúa nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello. 2. Establecer en 20 Kilometros/hora o limite de velocidade máxima nos devanditos tramos de preferencia peonil. A día de hoxe segue pendente de realización o primeiro punto”.

“Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a eliminación dos riscos de seguridade viaria nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello”.

Exit mobile version