“Nembargantes, queremos deixar constancia de que pensamos que o dereito á reinserción de individuos que teñen cumprido cadea e, polo tanto, pagado a súa débeda, exprésase a través do arrepentimento, a reparación -no posible-, e oi compromiso coa sociedade, e que iso entra en contradición co feito de maquillar un pasado delitivo, enmarcándoo na imaxe dun lugar idílico, símbolo de Ribadeo”.
“A día de hoxe, dous meses despois, temos podido comprobar que á visita de Laureano Oubiña á illa Pancha seguiulle o silencio do Concello de Ribadeo e de toda a oposición. Non temos constancia de ningunha declaración emitida por algún representante local en todo este tempo, ó que lle chocara dita presencia na illa Pancha”.
“Esta coincidencia institucional entre formacións políticas non nos colle por sorpresa, pois xa nos inicios da privatización da illa Pancha -concesión mediante, en 2015-, ó impulso do PP dende o goberno central de Madrid uniuse o xúbilo local do entón alcalde do BNG”.
“Só podemos desexar que esta situación non se reproduza no futuro e que os nosos representantes velen pola integridade e a dignidade do noso patrimonio, que pertence ó pobo, sempre e a pesar de todo”.