Tiveron que pasar as vodas de prata e case as de ouro dun desfile que todos os sábados de Entroido enche as rúas de Foz de alegría. Algúns teimaban en que nunca o conseguiríamos, outros dicían que eramos demasiado modernos que non podíamos equipararnos aos entroidos tradicionais … Pero houbo xente que sempre creu que era posible. A todos os que seguistes apoiando, GRAZAS!
Pero sobre todo grazas por seguir formando parte deste evento que une o mellor de cada casa (dicían os de Burela) e non foi sin xeito, que boa parrafada lles mandamos para que acabaran coma pé do molete dos de Foz, que estabamos empeñados en que nos deran a bóla enteira e non as farangullas. E iso, se fuches dos que pensaban que non iamos insistir … pois tás que pías! Porque eche o que hai! Aquí se chove, dúas voltas. Non nos cansamos coma burras vellas, aquí tiramos do carro ata o final. Claro, logo din: ñasss os de Foz!
Pero si, somos uns larpeiros, de comer e beber nunca nos esquecemos. Pero se temos que facer ruído, pois dámoslle e veña ruxe ruxe! Porque a trouleiras non nos gaña ninguén (ou era naide?).
Que si, que malo será que non consigamos ser de interese turístico nacional e internacional … que ben o valemos, que vaia pernas do Centiño gastamos, que aquí gandallada non temos!
Xa estamos buscando traxe, para que digan de nós … ai si, vanche galanas! Pero xa facemos terapia de grupo e a quen non lle guste que non mire!
Se facemos unha nave espacial temos que ter coidado que na Avenida da Mariña cos furados non pode aterrar, xa atascaron os bonaerensis e tiveron que aparcar.
Pero k quessss? En Foz a cabeza non para! Vémonos na rúa, e se me ves fálame sempre! Que plan non vai faltar!
Inés López Couto (concelleira de Cultura) e Ángel Fernández Neira (concelleiro de Festas)