Este desconto, de 10€ sobre o prezo total da entrada, estará dispoñible ata o xoves, día 29 de febreiro
Burela, 26 de febreiro de 2024. O Concello de Burela informa de que as persoas empadroadas no municipio que estean interesadas en acudir ao festival Osa do Mar poden solicitar un desconto de 10€ no prezo da súa entrada.
Este desconto estará dispoñible ata este xoves día 29 de febreiro. Para aplicalo só é necesario introducir o código “BURELA” no momento de facer a compra.
Posteriormente farase unha comprobación no rexistro oficial para asegurar que as persoas que introduzan o código estean verdadeiramente empadroadas en Burela.
As entradas para este evento, organizado por décima vez en Burela pola Asociación Cultural Fanto Fantini, poden conseguirse no enderezo web https://www.wegow.com/es/festivales/festival-osa-do-mar
Ademais, está dispoñible para a súa compra o bono A Marosa para empresas colaboradoras, que por un prezo de 180€ poderán adquirir catro bonos para o festival e a inserción do logo da empresa na páxina web do evento.
Polo demais, o prezo normal do bono para asistir ao Osa do Mar ten un prezo de 40€. O bono xuvenil, para rapazada de entre 16 e 17 anos, custa 30€, mentres que os e as menores de 16 anos poderán acudir gratuítamente, sempre acompañados e previa reserva do bono e firma da autorización correspondente.