Ribadeo, 23 de febreiro de 2024. Dentro dos actos de conmemoración do Día de Rosalía promovidos polo Concello de Ribadeo, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho xunto co obradoiro de emprego Tecendo Coidados, organizaron un Escape Room para o alumnado de primaria dos centros educativos.
Traballando en equipo deberon atopar os libros de Rosalía que extraviou a bibliotecaria.
Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, agradece ao obradoiro de emprego “a súa implicación e colaboración no deseño e desenvolvemento da actividade, e tamén aos centros educativos por participar nesta proposta coa que rendemos homenaxe á nosa escritora máis universal”.