Castro de Rei, 15 Febreiro, 2024. No accidente estiveron implicados tres vehículos e produciuse na LUP-1611, ao paso por Bendia, en Castro de Rei.
As chamadas sobre este sinistro recibíronse no 112 ás 14:30 horas desta tarde, e permitiron a mobilización dos recursos necesarios para atender os feridos e efectuar un rescate: unha muller que tiña un brazo atrapado entre dous dous coches implicados.
Unha vez liberada polos Bombeiros de Vilalba, foi trasladada, xunto cun ferido máis, ao centro hospitalario de referencia. Da evacuación ocupáronse os equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Neste operativo, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e medios de limpeza e mantemento da Deputación provincial. Neste sentido, cómpre aclarar que dous dos coches acabaron fóra da vía e o terceiro no medio da calzada.