Site icon Crónica3.com A Mariña

Orgasmatrón chega a Burela co seu ‘ska fusion’

O concerto será o sábado, día 10 de febreiro, ás 12h30 no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela

Burela, 9 de febreiro, 2024. Chega o Antroido e con el o desenfreo e a diversión. No centro social Xebra, en Burela, suben ao tren desta festa cun concerto de Orgasmatrón, grupo mariñán de ska fusion, en sesión vermú o próximo sábado 10 de febreiro, ás 12h30. A banda está composta por Henar (voz), Isma (guitarra), Lorenzo (batería) e Xoel (baixo), todos eles naturais da comarca.

Desde o Xebra convidan o público a asistir disfrazado para gozar do espectáculo, no que non faltará versións de clásicos de ska, reggaeton, punk… ademais dunha posta en escena fresca, divertida e acorde á estética de Don Carnal. Como é habitual nas citas deste local burelao, a organización promete baile, música e bo ambiente para unha mañá de sábado na Mariña.

Exit mobile version