Site icon Crónica3.com A Mariña

Olalla Rodil visitou a feira do Butelo en Fonsagrada e asegurou “en Lugo, e por poucos votos vaise xogar o cambio necesario no goberno da Xunta”

Rodil anunciou “con Ana Pontón como presidenta da Xunta de Galiza levaremos a cabo un plan específico para Eventos Turísticos Sectoriais e Festas Enogastrónomicas”

A Fonsagrada, 4 de febreiro de 2024. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, acompañada de cargos orgánicos e institucionais do BNG visitou a XXVII edición da Feira do Butelo en A Fonsagrada. Esta festa vense celebrando dende 1998 e Rodil aproveitou a súa estadía para anunciar a posta en marcha, dende o goberno da Xunta de Galicia, de un plan para Eventos Turísticos Sectoriais “Impulsaremos e apoiaremos os eventos turísticos sectoriais de carácter profesional para o que contamos con infraestruturas altamente competitivas e un alto valor engadido na oferta complementaria”. Rodil explico que A Fonsagrada une esta oferta gastronómica a o feito de que “transcurra por esta vila un Camiño de Santiago en alza e sen masificar como é o Camiño Primitivo”.

“A gastronomía é un recurso de alto valor” dixo Rodil e engadiu “potenciaremos o perfil enogastronómico da nosa oferta turística como un dos valores fundamentais”. A cabeza de lista do BNG por Lugo incidiu en que “a percepción turística da nosa oferta neste ámbito é sempre moi alta e dende o goberno do BNG da Xunta de Galiza, coa colaboración dos sectores implicados, produción e recolección de alimentos, transformación, distribución e restauración, buscarase pór en valor toda a cadea enogastronómica buscando xerar riqueza e oportunidades sobre todo nos espazos rurais que funcionan como despensa da restauración local, buscando que a experiencia gastronómica estea intimamente ligada e comprometida co territorio e o seu desenvolvemento sustentábel”.

Sanidade Pública

Olalla Rodil referiuse a grande manifestación prevista para o día de hoxe en Compostela “o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza é a oportunidade para superar o que queda dun PP que nos deixa sen sanidade pública, miles de persoas se están manifestando agora mesmo en Compostela, unha sanidade pública pola que levades loitando semana tras semana aquí na Fonsagrada”. A Propia Rodil ten participado na concentración semanal convocada na Fonsagrada en defensa da atención primaria no centro de saúde da vila, que atende aos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Olalla Rodil afirmou que “é preciso dar a volta a 15 anos de recortes na sanidade pública e blindala con persoal e medios que garantan o acceso das galegas e galegos a unha atención sanitaria de calidade”.

Lugo pode ser a chave

A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou “que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza e temos que saír a votar en masa, Lugo pode ser a chave para que teñamos un goberno de progreso, liderado por unha muller, ou seguir outros 4 anos gobernados polo que queda do partido popular”. Rodil asegurou que “en Lugo vaise xogar que siga gobernando o pp ou non” e dixo “por eso están tan nerviosos e se centran tanto en Lugo, as enquisas din que o PP pode perder un parlamentario en favor do BNG e eso contribuiría a mudar o goberno da Xunta do PP e acabar coas políticas que as persoas levan sufrindo moitos anos”.

Exit mobile version