A cabeza de lista do BNG por Lugo visitou a V Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, “unha actividade importante para a promoción do noso patrimonio natural”
Segundo Olalla Rodil, “o PP desde a Xunta de Galiza promoveu nos últimos anos varias reformas legais que crean unha auténtica barra libre para os grandes proxectos depredadores do territorio”. A lexislación actual facilita a aprobación destes proxectos pasando por riba dos intereses dos concellos e das persoas propietarias e constitúen unha gravísima ameaza para hábitats e especies que deberían gozar da máxima protección por estar declarados de interese comunitario e de interese prioritario.
“O medio natural do noso país está a padecer un continuado deterioro que é urxente reverter, xa que a súa conservación e protección do ten indubidábeis beneficios ecolóxicos, sociais, para a saúde e para a prevención do cambio climático” declarou Olalla Rodil, que engadiu “ten ademais grandes potencialidades económicas se impulsamos desde a Xunta de Galiza un desenvolvemento racional, responsábel e respectuoso co territorio e as comunidades locais”.
No refrerente ao cabalo galego, Rodil anunciou un plan de protección e recuperación elaborado desde o punto de vista históricon etnográficon cultural, social e económico, que atenda ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario. “Ademais, traballaremos na creación dunha rede de centros de recuperación da fauna salvaxe, e aumentaremos a formación a respecto desta fauna e do benestar animal”.