“Este domingo votar ao BNG é rematar con 15 anos de recortes e esquecementos da Xunta de Galiza, un goberno do BNG traballará para todas as galegas e galegos”, declarou Rodil
“Non se trata só de botar ao Partido Popular, o BNG demostra onde goberna que sempre beneficia ás persoas, a toda a veciñanza”, afirmou Olalla Rodil, que pediu o voto “de todos os galegos e galegas, independentemente do que votaran con anterioridade para levar adiante un proxecto capaz de sacar Galiza adiante”. Segundo Olalla Rodi, “o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de forzas estatais”.
A cabeza de lista por Lugo defendeu que o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza. “O domingo é o momento de apostalo todo ao BNG, abriremos un tempo novo para que Galiza empece a gañar” declarou Rodil.