Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro de baile tradicional que se ofrecerá no centro social Xebra, en Burela, o próximo sábado 24 de febreiro ás 17 horas. A lección servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas ou a sacar un punto.
Despois da clase práctica, celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra. Desde o centro social convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos.