Unha carpa de 1.200 metros cadrados alberga esta cita gastronómica, que reúne entre hoxe e mañá a máis de 70 expositores
“Esta feira é un exemplo da enorme capacidade que temos no rural para crear actividade económica. Demostra que o rural está cheo de vida, de oportunidades e de proxectos todos os días do ano”, asegurou o Presidente, quen destacou o “esforzo co rural que estamos facendo dende hai moito tempo dende o Concello da Fonsagrada e dende a Deputación de Lugo”.
O mandatario provincial felicitou ao Alcalde por liderar “o éxito colectivo” que supón a Feira do Butelo, “ao que temos a honra de contribuír dende a Deputación de Lugo prestando a nosa colaboración económica”, nesta edición por importe de 20.000€. A cita, subliñou, “continúa medrando ano tras ano grazas ao bo traballo dos produtores, dos hostaleiros e do comercio; da implicación dos veciños da Fonsagrada; e do impulso do Concello”.
Neste sentido, destacou que a feira, de Interese Turístico galego, “é un referente para toda a provincia de Lugo, para toda Galicia, e cada vez para máis visitantes que chegan doutros puntos de xeografía española”.