Ante tal feito, os populares anuncian que pedirán explicacións e responsabilidades políticas, se procede, no vindeiro pleno municipal
“Dende o Partido Popular parécenos inadmisible e unha falta de respecto aos veciños. É inxustificable que isto estea pasando”, advirte a voceira do PP. Neste senso, insta á rexedora socialista a que, “primeiro, pidas desculpas publicamente e, segundo, que dea un paso atrás e recoñeza que o cargo e o traballo que conleva se lle está indo das mans. Isto xa é unha cuestión de dignidade política e persoal”, remarca.
Ante este feito que Gueimunde tilda de “gravísimo”, os populares anuncian que pedirán explicacións e responsabilidades políticas, se procede, no vindeiro pleno municipal.