Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que “Tomé tivo que rectificar ante a presión exercida polos veciños da provincia e o PP que reclaman o arranxo da rede viaria que está nun estado perigoso”

O anuncio realizado hoxe por Tomé implica que só se actuará no 0,2% da rede de estradas provincial e dende o Grupo Provincial Popular e os veciños da provincia seguen defendendo unha actuación integral nos 4.300 quilómetros da rede viaria provincial

Lugo, 9 de febreiro de 2024. O anuncio realizado hoxe polo presidente Tomé de realizar arranxos en 12,3 quilómetros da rede viaria provincial supón que unicamente actuará no 0,2% da rede viaria provincial. “Segue a rirse dos veciños da provincia con actuacións totalmente insuficientes”, denunciou o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide.

Ameijide explica que estes 12,3 quilómetros que veñen de anunciar hoxe “a bombo e platillo” só supoñen o 0,2% do total da rede viaria provincial (4.300 quilómetros). “Valoramos na súa medida esta primeira actuación, xa que seguimos a marcar o paso ao goberno provincial”, ao que engade que “semella que as voces dos máis de 500 veciños da provincia, que o martes da semana pasada esixiron o arranxo da rede viaria provincial, fixo recapacitar a Tomé”.

O voceiro popular desgrana as actuacións anunciadas por Tomé. Unha delas supón arranxar 7 quilómetros do cinturón comarcal, unha vía de 131 quilómetros de lonxitude e moi empregada cada día, “que se atopa nun estado lamentable”. “Só van a traballar no arranxo do 5% da estrada”, denuncia.

Ameijide afirma que “está claro que algún día tiñan que dar un primeiro paso” pero “non é menos certo que esta actuación é totalmente insuficiente e é derivada do temor do presidente Tomé a que se algún día pasa algo grave na rede viaria provincial supoña consecuencias xurídicas para el”.

Exit mobile version