Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS imponse ao UA Ceutí (6-2)

Un partido moi competido no que o Burela comeza perdendo e remata coméndose ao rival

Burela, 25 de febreiro, 2024. Ás 12.00h desta mañá, no pavillón municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 21ª xornada de Segunda División de Futsal, Pescados Rubén Burela FS – Unión África Ceutí cun resultado final 6-2. Nun encontro moi competido e igualado especialmente na primeira parte, o Pescados Rubén Burela soubo impoñerse ante un dos rivais máis fortes da categoría. Comeza perdendo 0-1 ata despois do descanso, aínda que con oportunidades, moitos paus, non logra finalizar con xeito durante os primeiros 22 minutos, pero nunha segunda parte brillante para os burelenses, remontan e mesmo se desmarcan por 4 goles ante un Ceutí que non consegue exceder á férrea defensa mariñá.

Na primeira parte abre o marcador Abraham xa no minuto 3 cun tiro de falta directo. Continúa toda a primeira parte con este resultado ata o descanso, non sen ocasións por parte de ambos os equipos, no minuto 5 un pau ao travesero que parece rebotar excedendo a liña de meta e que fai levantar ao público enteiro de Vista Alegre tras un lanzamento impecable do noso polifacético porteiro Michal Kaluza. No 11 outro pau de Malaguti que lanza tamén ao travesero tras un xiro. No minuto 12 unha clara de Cristian Rubio cun disparo potentísimo que se vai fóra e no 18 outro pau, esta vez de Nacho nunha contra e trallazo ao segundo pau.

Na segunda parte o Burela sae do vestiario cos deberes feitos e no minuto 22 Malaguti empata o encontro cun disparo tras un xiro nunha situación de pivote. No 25 o primeiro golazo dun destacado Isma cun incrible disparo afastado dende cancha propia. Pero en superioridade o Burela tras a expulsión de Álex García por dobre amarela, chega o 3-1 no minuto 30, cun remate de Quelle tras unha boísima xogada combinativa. Un minuto despois Cristian Rubio métea cun zurdazo restando distancias no marcador, pero no 33 chega o segundo de Isma que remata de tacón un disparo de Ismael. Continúa o festival e no 34 Lucho consegue o 5-2 tras unha recuperación e é no minuto 35 cando o conxunto de Anto recorre ao porteiro xogador, con Víctor Arévalo. Non conseguindo exceder á aínda mellor defensa de Segunda División (con 42 goles en contra, a un do UMA Antequera), chega o 6-2 a dous minutos do asubío final co terceiro de Isma que chega á portería rival, baleira, co balón nos pés.

A semana que vén os Pícaros viaxarán a Barcelona a enfrontarse a un duro rival, o Barça “B”, o sábado ás 17.00h.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-2 Unión África Ceutí

Pescados Rubén Burela FS (6): M.Kaluza; Quelle, Isma, Alberto, Malaguti -quinteto inicial-, Lucho (C), Flethes, Á. García, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.

Unión África Ceutí (2): Rafa López; Nacho, Cristian Rubio, Anuar (C), Abraham -quinteto inicial-, Víctor Arévalo, Dela, Barona, Chano, Diego Mercado, Álex García, Casteele, Germán. Entrenador: Antonio Fernández “Anto”

Goles: 0-1, min.3: Abraham. 1-1, min.22: Malaguti. 2-1, min.25: Isma. 3-1, min.30: Quelle. 3-2, min.31: Cristian Rubio. 4-2, min.33: Isma. 5-2, min.34: Lucho. 6-2, min.38: Isma.

Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, Pablo Coello Martínez, Eva López Seijas.

TA: Malaguti, Quelle, Chano, Cristian Rubio, Dela, Víctor Arévalo, Abraham, Hissam Ahmed Zaglul.

TR: Álex García (UACeutí) (AA)

Exit mobile version