Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS cae nos penaltis da semifinal de Copa Galicia ante o Poio Pescamar

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía

Burela, 14 de febreiro, 2024. Esta tarde ás 20.30h no pavillón municipal de Ribadeo, sede alternativa a Vista Alegre debido ao temporal peche por reformas no tellado, disputouse a semifinal da Copa Galicia entre o Pescados Rubén Burela FS e o Poio Pescamar FS. Nun encontro moi igualado, aínda que tamén bastante tolo durante case todo o xogo, comeza poñéndose dous goles por diante o conxunto local pero que remata remontando o conxunto pontevedrés xa na primeira parte, cun segundo tempo á inversa. Paixón e moitas ganas por parte dos dous equipos que se traduciu nun final con penaltis nos que o conxunto mariñán non deu a talla, ante un Poio Pescamar que si.

Na primeira parte ábrese o marcador de forma estrana cunha saída da porteira que lle custa o primeiro tanto do partido, tras un roubo e lanzamento longo de Patricia que a mesma Elena tenta desviar coa cabeza sen conseguir desviala da portería. Segundos despois Emilly mete o segundo con outro tanto que toca en Elena. Cando parecía que o Pescados Rubén comezaba a voar, chega o 2-1 cun gol de Marta que remata no segundo pau un pase desde a banda de Laura Uña. Continúa a presión por parte de ambos os equipos pero non é ata o minuto 15 ata que chega o empate cun gol de Laura Uña desde a frontal.

Na segunda parte, á inversa que na primeira, adianta o marcador a favor do conxunto de López-Tulla, de novo Laura Uña e dous minutos despois Antía Pérez consegue o empate aproveitando un roubo e pase da morte de Emilly. Tras unha alarmante caída de Marta que ten que ser trasladada ao centro de saúde máis próximo en ambulancia por graves molestias no xeonllo (esperamos que sexa o menos posible), sucédese o encontro sen goles aínda que con moita tensión. Chega o final do partido e imos aos penaltis, triste final para o Pescados Rubén Burela FS que falla un e atópase en dous con Elena que, unido aos acertos das súas compañeiras, logran levar a semifinal por tres goles a un que logra meter o Burela.

Dende o club felicitan ao Poio Pescamar FS pola vitoria e desexámoslle moita sorte na final ante o Marín Futsal.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS

Pescados Rubén Burela FS (3(1)): Caridad; Dany, Cilene, Antía Pérez, Emilly – cinco inicial-, Cami, Cris Blanco, Irene Samper, Rafinha, Patricia, Ana Eliza (P).

Poio Pescamar FS (3(3)): Elena; Laura Uña, Martita, Irene (C), Rocío Gómez -cinco inicial-, Ale de Paz, Anna, Elena Aragón, Carla Ayensa, Marta, Saki, Lara Balseiro, Sandra Buzón (P)

Goles: 1-0, min.6: Patricia. 2-0, min.6: Emilly. 2-1, min.7: Marta. 2-2, min.15: Laura Uña. 2-3, min.21: Laura Uña. 3-3, min.23: Antía Pérez.

Exit mobile version