Site icon Crónica3.com A Mariña

O departamento de francés do IES Alfoz – Valadouro organiza un intercambio cun centro francés, a Institution Sainte-Odile, de Lambersart

Do 4 ao 11 de febreiro, recibirán no centro a 15 alumnos e alumnas franceses acompañados por dúas profesoras. Entre as actividades programadas están unha andaina ao Castelo do Castrodouro e a Finca Galea, coñecer As Catedrais e Mondoñedo, viaxar aos museos científicos da Coruña ou visitar o Parlamento de Galicia, en Santiago. A finalidade do intercambio é a inmersión lingüística do alumnado así como dar a coñecer a riqueza cultural e patrimonial da zona. No próximo mes de marzo, será o alumnado do IES Alfoz – Valadouro o que viaxe a Lambersart para facer a segunda parte da actividade.

Exit mobile version