Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitou este mércores aos participantes no XVI Campionato Internacional de Baristas e no XI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería que se celebran no IES de Foz

Desde alí aplaudiu a creatividade e o bo facer destes competidores chegados de centros formativos de toda España aos que animou a ser os mellores embaixadores dos produtos do mar desde os establecementos hostaleiros nos que traballen. Alfonso Villares considera que a, xunto aos fogares, o sector da hostalería é fundamental para promover que peixes, mariscos, conservas e outros elaborados aumenten a súa presenza na dieta dos consumidores finais, o que reportará calidade de vida e mellor saúde. Ao mesmo tempo, a aposta por esta sa alimentación redundará nun maior volume de negocio e actividade para a cadea mar-industria da comunidade.

Exit mobile version