Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove destina 333.175€ para axudas a entidades, clubs deportivos e asociacións

Xove, 23 de febreiro de 2024. O Salón de Plenos do Concello acolleu na tarde de onte a máis de medio cento de representantes das distintas entidades, clubs deportivos e asociacións, nunha xuntanza informativa.

María Rego, técnica encargada da tramitación das subvencións, e Fátima López, arquitecta técnica do Concello de Xove, encargáronse de explicar cales son os trámites que hai que levar a cabo, así como a documentación necesaria e os prazos necesarios para tramitar as axudas municipais, para as cales o Concello de Xove destina unha partida este ano de 333.175 euros.

Estiveron presentes na xuntanza o Alcalde, Demetrio Salgueiro e as Concelleiras Dolores Meitín de Cultura, Cristina Iglesias de Deportes e Cecilia Duarte de Turismo.

Pola súa parte, Demetrio Salgueiro sinalou que “é unha cantidade econòmica importante a que cada ano se destina para fomentar o deporte, a cultura, as iniciativas de carácter social e a promocionar todo tipo de actividades lúdicas para o desfrute de toda a veciñanza”.

Tamén destacou que a axuda e apoio dende o Concello non é só económica, xa que tamén se proporciona asesoramento, non olvidando o intenso uso que as distintas asociacións e clubs fan das instalacións deportivo-culturais do Concello dun xeito totalmente gratuito.

Exit mobile version