Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo actúa en once parroquias do interior e da costa, en colaboración coa Deputación a través do Plan Único

Ribadeo, 26 de febreiro de 2024. O Concello está a actuar en once parroquias do interior e da costa. Faino en colaboración coa Deputación de Lugo, a través do Plan Único. O investimento ascende a máis de 360.000 euros. O alcalde, Dani Vega, considera que os traballos avanzan a bo ritmo “para seguir mellorando a rede de infraestruturas”.

O rexedor indicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos co plan de infraestruturas, neste caso en colaboración coa Deputación de Lugo a través do Plan Único, onde investimos máis de 360.000 euros tanto nas parroquias do interior como da costa. Nestes momentos estamos a actuar no interior en Ove, Covelas, Cedofeita, Arante, Santalla de Vilaousende e Couxela. E na costa en Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa”.

Vega dixo que “neste Plan Único, que é tan importante para nosoutros, estivemos perfeccionando certas cuestións, tamén formigonando naqueles puntos máis estreitos e máis críticos. Viámolo necesario e en colaboración cos veciños estamos a investir nun plan de infraestruturas necesario”.

E engadiu que “é verdade que neste momento estamos a traballar en dous plans máis. Avanzamos a bo ritmo para seguir mellorando a rede de infraestruturas do noso concello e das nosas parroquias”.

Exit mobile version