O rexedor explicou que “desde o Concello seguimos traballando e seguimos avanzando na reforma integral do interior do hospital asilo. Trátase dunha reforma moi importante na que se vai mellorar por completo todo o interior da residencia. Nos seguimos cumprindo os tempos, seguimos certificando a obra, os técnicos teñen un informe diario dos traballos que se van realizar e nos seguimos velando por esta obra fundamental nesta residencia prioritaria para Ribadeo”.
Vega sinalou que “nos desde o Concello estamos totalmente agradecidos á herdanza do doutor Moreda, que garante sen lugar a dúbidas a obra, tamén o convenio coa Xunta de Galicia. E nosoutros seguimos con ese traballo intenso desde un punto de vista de goberno, pero desde un punto de vista técnico, que é realmente o importante, que se vaian cumprindo os tempos, que se certifique obra e que se faga un informe diario da situación deses traballos”.
O alcalde dixo que “seguimos traballando e acelerando todo o máximo posible estas obras, porque o interese é que canto antes veñan as persoas que vivían nesta residencia mellor, queremos que estean no seu fogar, que é o fogar de todos”.